www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 22 de Novembro de 2019

O BNG insta á Xunta a que se pronuncie sobre o futuro da Illa de San Simón
Institucional • 14/08/2009
Autor: Lorena Otero

Os nacionalistas denuncian que as obras postas en marcha pola Consellería de Cultura na pasada lexislatura permanecen “paralizadas e en estado de abandono absoluto”.


O Bloque Nacionalista Galego afirma que os grupos políticos non dispoñen de información sobre o futuro das obras que se iniciaron hai catro anos na Illa de San Simón nin cal vai a ser o uso deste conxunto. Porén instan á Xunta a que se pronuncie sobre a Illa e defina cal vai a ser a súa finalidade. Os nacionalistas afirman que os actos, inauguracións e remodelacións feitas polos populares nalgunhas das edificacións da Illa responderon só a unha estratexia electoral do Partido Popular e non ao seu interese por rematar as obras.
O BNG insta á Xunta a que defina uns prazos concretos e definitivos para o remate destes proxectos xa que poderían reportar un importante beneficio para Redondela tanto no eido ecolóxico, histórico, acuícola e turístico. A formación política aposta por abrir un debate con toda a cidadanía para chegar a acordos sobre o tipo de accesos e usos que se lle vai dar a Illa de San Simón.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: