www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 13 de Novembro de 2019

O número de peregrinos aumenta un 30%
Sociedade • 13/08/2009
Autor: Lorena Otero

Desde o mes de xaneiro o número de camiñantes que pasan a noite en Redondela aumentou notablemente, sobre todo os que proveñen de países europeos como Polonia, Hungría, República Checa, Eslovaquia e Eslovenia.


Durante todo o mes de xullo e agosto o Albergue de Peregrinos de Redondela colga o cartel de completo dúas horas despois da súa apertura. O albergue abre as portas as 13.00 horas e as 15.00 horas xa ten ocupadas as 42 prazas das que dispón. Os camiñantes que quedan sen cama son situados no Pavillón de Deportes da vila ou nos establecementos hostaleiros. A causa temos que buscala, segundo a responsable da Casa da Torre, Sonia González Castro, no aumento de peregrinos que sufriu o Camiño Portugués desde o mes de xaneiro. Aproximadamente un 30% máis de camiñantes que no 2008 son os que pasan por Redondela.


 O incremento faise notar especialmente nos visitantes de fora de España orixinarios de países Europeos como Polonia, Hungría, República Checa, Eslovaquia e Eslovenia, aínda que os camiñantes máis numerosos seguen a ser os Portugueses. O aumento de visitantes está xerando algunha queixa entre os peregrinos ao atoparse sen praza no albergue, aínda  que a responsable da Casa da Torre, asegura que se lles proporciona un lugar onde pasar a noite tanto no Pavillón de Redondela como nos establecementos hostaleiros. A esta queixa temos que sumarlle á da sinalización da ruta. Moitos dos camiñantes que pasan por Redondela amosan o seu malestar pola indicación que, segundo afirman, é moi confusa á saída de O Porriño.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: