www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 13 de Novembro de 2019

Once rúas redondeláns quedarán sen subministro de auga durante catro horas
Institucional • 12/08/2009
Autor: Lorena Otero

O corte producirase de 9.00 a 13.00 horas do xoves 13 de agosto e as rúas afectadas serán a Rúa dos Eidos, do Adro, Campo das Redes, Isidoro Queimaliños, Telmo Bernárdez, Meixón Frío, Hortaleza, Figueroa, Riveriano Soutullo, Carballo e o Camiño das Laxes


Parte do centro de Redondela quedará sen subministro de auga a causa das obras de mellora e humanización que se están a desenvolver en distintas rúas da vila. Once serán en total as rúas afectadas, segundo vén de informar a empresa Aqualia, aínda que algunhas das vivendas situadas nestas rúas pode que teñan auga aínda que con menor caudal. As rúas afectadas son a Rúa dos Eidos, do Adro, Campo das Redes, Isidoro Queimaliños, Telmo Bernárdez, Meixón Frío, Hortaleza, Figueroa, Riveriano Soutullo, Carballo e o Camiño das Laxes. O subministro cortarase ás 9.00 horas de mañá, xoves 13 de agosto, e está previsto se restableza catro horas despois, ás 13.00 horas

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: