www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 13 de Novembro de 2019

O Concello apoia o traballo da Mesa pola Normalización Lingüística
Institucional • 12/08/2009
Autor: Lorena Otero

O martes o goberno local renovaba o convenio de colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística ata o 31 de decembro, cun orzamento de 3.000 euros.


Amosar o apoio do concello ó labor de normalización lingüística que está a desenvolver a Mesa, non só en Redondela senón en toda Galicia e o fin básico da renovación deste convenio polo cal a Mesa comprométese a colaborar no proceso de normalización lingüística de Redondela, realizando tarefas de asesoramento, subministrando información sobre iniciativas de dinamización e campañas propias. Pola súa banda a administración local achega 3.000 euros en concepto de socio colaborador. Un acordo que o Tenente de Alcalde, Carlos Pazos, cualificou de fundamental, polo momento que está a vivir a nosa lingua, na que o goberno da Xunta está desenvolvendo unha oposición frontal ao galego.


A importancia do apoio dos concellos e das asociacións e colectivos tamén foi destacada pola secretaria xeral da Mesa pola Normalización Lingüística, Iria Taibo, quen afirmou que sen o apoio das institucións a Mesa non podería seguir traballando na normalización da nosa lingua. Escoitamos a Iria Taibo.


A Secretaria Xeral desta asociación aproveitou a oportunidade para esixirlle a Administración e aos medios de comunicación un trato igualitario para todas as asociacións en referencia as peticións feitas á Mesa para que dea conta do seu financiamento. Taibo lembrou que non se lle está a requirir os mesmos datos a outros colectivos como Galicia Bilingüe.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: