www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 10 de Agosto de 2020

Augas de Galicia investiga os vertidos ao río Alvedosa procedentes das obras do AVE
Sociedade • 1/12/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Os lodos procedentes da obras en Reboreda e unha substancia abrancazada vertida á altura dos túneles no Val do Maceiras tinguía as augas do Alvedosa de marrón e gris de xeito alternativo. O Concello remitiu unha vez máis os informes á Augas de Galicia, organismo a quen lle compete actuar nestes casos


Lonxe quedaron os tempos en que as augas do río Alvedosa baixaban tinguidas de diferentes cores polos vertidos das tinturas empregadas na camisería de Regojo. Agora son outros os vertidos e outras as cores que atopamos na súa canle. Así, estes días puidemos ver as súas augas de cor gris ou marrón.


Todo indica que os vertidos proceden das obras do AVE, tanto das que se están a realizar en Reboreda como no Val do Maceiras en Negros.


No primeiro dos casos os movementos de terra que están a realizar as máquinas que traballan na parroquia de Reboreda e a pouca consistencia das barreiras de protección provoca que as chuvias arrastren as terras á canle do río, Algo que acontece de xeito reiterado cando se producen precipitacións e que se traduce en que as augas baixen de cor marrón.


Mías espectacular foi o vertido que tinguía de gris o Alvedosa na xornada de onte. Neste caso todo apunta a que se trata de restos de po e de material rochoso procedente das obras dos túneles que se realizan no Val de Maceiras nas parroquias de Negros e Cedeira.


Segundo explicaron fontes municipais sospeitase que logo de seren retiradas do túnel as pedras pasan por unha fase de tratamento é o material sobrante é devolto ao río. A ausencia de peixes mortos desbota en principio que se trate dun vertido tóxico aínda que deberá ser Augas de Galicia quen determine a través dun análise das Augas a orixe do problema e as súas consecuencias.


Dende a Concellería de Medio Ambiente de Redondela responsabilizan destes reiterados vertidos á Xunta, xa que segundo explicou onte no pleno o concelleiro Carlos Pazos "é a Consellería quen ten competencias para actuar nestes casos".

Comentarios
Á Sra. Carmen
Xoves 2 de Decembro de 2010 ás 14:54 horas
O Sres. gobernantes do concello máis o PP son demagóxicos un rato. Están a pasarse a pelota pero aquín todos consinten os abusos. se tiveramos polícios como dios manda buscabanselle as cosquillas as emrpesas constructoras e parabase a obra ata aque garantiran perxuizos cero. Os tuneis non so emiten verquidos de augas suxas se nón outras "incomodidades" nas que si ten o concello competencia pero nin BNG nin PSOE nin PP queren resolver nada. Están ao servizo das emrpesas constructoras e torean aos cidadans e despois di CEci que non son todos iguais. UN concelleiro de medio ambiente que queira parar as obras sobranlle motivos e recursos se é que auga non é da súa competencia. Non hai bontade máis que "a de escurrir o vulto" e neso os nosos políticos máis veteranos son uns expertos.
Carmen Darriba Costas
Xoves 2 de Decembro de 2010 ás 11:46 horas
Pois ten razón Carlos dende a confraría estamos fartos de facer denuncias a Augas de Galicia e a Consellería do Mar son os que teñen as competencias sobre a mortandade sobre todo nos bancos marisqueiros da Portela e nada de nada se realmente o PP local lles importa este tema que lle pregunten o PP da Xunta por estas denuncias e que se deixen de demagoxia
GESTORIA SAN JOSE
Mércores 1 de Decembro de 2010 ás 23:12 horas
a si se ve que gestores tenemos en el concello de redondela ingnorando a todo y todos los vecinos y echando culpa a los de mas .Si la nueva candidata del bng sea tan mala gestora como carlos pazos mejor irnos de REDONDELA
[1-3]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: