www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Abril de 2019

Reclaman a apertura de ocos na rede que cobre o viaduto
Sociedade • 17/06/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A asociación ecoloxista ADEGA insta á administración a abrir ocos en toda a rede que cobre o viaduto de Redondela. Unha malla que foi colocada para evitar desprendementos na infraestructura pero que como saben conlevou tamén a morte masiva en 80 niños de andoriñas que se atopan en período de cría.


Durante varios días estes paxaros no puideron acceder aos seus niños e proporcionar comida ás súas crías o que fixo que morreran máis da metade dos pitos. Elsa Quintas, membro de Adega, espera que si o Ministerio cumpre o súe compromiso as aves aínda poderán facer a última posta do ano



Trátase de dúas especies protexidas, a andoriña de cu branco e os cirrios, ambas especies insectívoras que gozan de protección e están consideradas en regresión e de interese especial polo Catálogo Español de Especies Ameazadas.


ADEGA manifesta as súas dúbidas sobre o futuro da colonia, xa que despois de moitos anos aniñando no mesmo sitio, as condicións mudaron radicalmente, e aínda que consigan lograr as niñadas este ano, é posible que nos vindeiros anos as andoriñas deixen Redondela dadas as dificultades.
Critican ademais a pouca sensibilidade e compromiso coa conservación do patrimonio por parte da administración, xa que actuacións semellantes con consecuencias nefastas non é primeira vez que acontecen.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: