www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 17 de Xuño de 2019

Unha exposición recolle a historia do Grupo Folclórico de Redondela
Cultura • 14/10/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Sete anos de vivencias intensas tal e como lembran os seus compoñentes, homes e mulleres de Redondela que con tan só vinte e tantos anos viviron a experiencia de actuar na primeira edición do festival da OTI baixo a dirección de Wenceslao Cabezas de Toro "Polo".


O Multiusos da Xunqueira acolle dende o vindeiro sábado 16 e ata mediados de novembro unha exposición na que se fai un percorrido pola historia do grupo folclórico de Redondela. Unha formación que viviu os seus anos de gloria dende o ano 1969 ata o 1976, un período de sete anos que a través de imaxes, documentación escrita e un vídeo elaborado por Fernando Cuchi Carrreira centran a atención na mostra que se inaugurará o sábado ás 20:00 horas.


Un grupo formado por mulleres e homes pioneiros no baile galego local e que contan no seu haber con recoñecementos tales como ter gañado en varias ocasión o Festival Rexional de Coros e Danzas ou prestixiar o nome de Redondela ante millóns de persoas ao chegar a actuar na OTI, o festival iberoamericano da canción.


As circunstancias fixeron tamén que durante un período foran os encargados de bailar a danza das espadas nas Festas do Corpus, un feito completamente excepcional xa que por primeira e última vez entre os danzantes había tamén mulleres.


Na inauguración do sábado  haberá ademais unha sentida homenaxe ao que fora o mestre do grupo Wenceslao Cabezas de Toro "Polo".


A mostra completase coa exhibición de numerosos traxes que luciran os membros do grupo folclórico, trofeos, condecoracións e ampliación fotográficas.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: