www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Abril de 2019

O grupo francés Michel Thierry compra a empresa téxtil Unixtega
Sociedade • 14/10/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A empresa redondelá, que se dedica ao corte e confección de cabezais e asentos para a industria do motor e que da traballo a 238 persoas das cales 71 contan cun contrato indefinido, evita así o peche da factoría que se atopaba en quebra técnica logo de perder os contrato que tiña coa automoción viguesa.


O novo administrador único de Unixtega é Alain hennebois en sustitución de German Veiga segundo publicaba onte o boletín oficial do Rexistro Mercantil, que recolle tamén o cambio de denominación da empresa que pasa a chamarse Michel Thierry Unitt Components Ibérica.


Unixtega comezara a súa actividades industrial en 1999 en Redondela sendo a súa principal actividade a confección de cabezais para coches. Entre os seus principais clientes estaban as plantas galegas de Faurecia e Grupo copo así como General Motors. Sen embargo, a perda destes contratos deixou a empresa en situación de quebra técnica chegando a adebedar o pago dos salarios aos traballadores durante algúns meses. Segundo os sindicatos a compra da sociedade por parte de Michel Thierry permitiu reflotar a actividades.


Os traballadores temen agora que os novos propietarios decidan deslocalizar a producción a outra planta que teñen en Romanía o que podería poñen en perigo algúns postos de traballo.


Este cambio na titularidade de Unixtega chega logo de que o pasado mes de setembro tamén outra multinacional francesa Plastic Omniun adquirise a planta de Peguform en Redondela.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: