www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 17 de Xuño de 2019

Os fados de Dona Rosa escoitaranse o sábado na illa de San Simón
Cultura • 8/10/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O xerente da Fundación Illa de San Simón, Xavier Alonso destaca o espírito do programa Espazos Sonoros que pretende achegar músicas diferentes a lugares singulares de toda Galicia

 


O ciclo de música Espazos Sonoros achega esta sábado a San Simón a música da cantante portuguesa Dona Rosa. Os fados e as cancións tradicionais do seu país integran o seu repertorio acompañada en directo pola música do triángulo, o acordeón, a guitarra portuguesa e as percusións.


Posuidora dun timbre peculiar e unha voz aguda Dona Rosa vense sumar á lista das grandes mulleres da canción de Portugal: Cristina Branco, Misia, Mariza, Dulce Pontes ou natalia Doa Anjos entre outras.


Un concerto ao que seguirán na fin de semana do 23 e 24 de outubro as actuación do grupo alemán Ensemble Oni Wytars e a música do Renacemento de La Cecchina, agrupación que chegará acompañada da voz da soprano española Ana Amaz.


A Banda de Josephine Foster e Víctor Herrero, cunha homenaxe ás cancións antigas españolas recompiladas por Federico García Lorca e La Argentinita será a encargada de poñer o punto e final ao ciclo en San Simóns.


As persoas interesadas en acudir a algunha das actuacións deberán abonar 10 euros para o transporte en barco ate a Illa a través do servizo de compra on-line Servinova. Haberá dúas saída cada tarde en que se realice o concerto, a primeira as 17:45 e a segunda ás 18:30 hroas. Podne informarse tamén na oficina de turismo de Redondela.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: