www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Setembro de 2020

A policía intervén útiles para realizar roubos a tres homes de madrugada no centro da vila
Sucesos • 15/09/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Tres individuos foron localizados na madrugada de hoxe no casco urbano de Redondela. Foron detidos logo de observarse unha actitude sospeitosa. Intervíronselles efectos empregados para realizar roubos con forza e foron denunciados tamén por desobediencia á autoridade e un deles por non levar a máscara de protección obrigatoria. Por outra banda, nun control preventivo conxunto da policía local e nacional procedeuse á denuncia dos dous ocupantes dun vehículo por portar sustancias estupefacientes e ao condutor por dar positivo na proba de drogas.


Unha pata de cabra e o bombin dunha pechadura foron algúns dos efectos que se lle incautaron a estes tres veciños de Redondela que de madrugada foron localizados polo centro da vila e aos que a policía se dirixiu logo de detectar neles unha actitude sospeitosa.


Unha xornada movida xa que tamén se procedeu a denunciar aos tres ocupantes dun vehículo ao que se lle deu o alto nun control . O condutor deu positivo en drogas mentres que os acompañantes foron denunciados por posesión de marihuana.


Dende a Policía Local lembran tamén que están estes días a realizar controis aleatorios para tentar evitar as distraccións ao volante. O obxecto é evitar o uso do teléfono móbil e o navegador do vehículo mentres se conduce. O infractor enfróntase a unha sanción de 200 euros e retirada de tres puntos do carnet.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: