www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Setembro de 2020

O IES San Simón convoca ás familias para informar do inicio do curso e as medidas antiCovid
Sociedade • 15/09/2020
Autor: M. X. Queimaliños

O Multiúsos da Xunqueira acollerá este mércores e xoves as reunións cos pais e nais para informar sobre o inicio do curso e as medidas que se van aplicar nas aulas neste 2020/2021. Para evitar aglomeracións as charlas informativas realizaranse en catro quendas estando convocados os de 4º de Eso o mércores ás 18:00 horas e os de 3º ás 20:00 horas. O xoves acudirán a esta xuntanza os de 2º de ESO as seus e os de 1º ás oito.


O obxecto das reunións é informar dos pormenores deste principio de curso tan inusual, as medidas de prevención, o protocolo Covid e as obrigas antes a situación actual así como resolver as dúbidas que puideran formularse.


Para que a asistencia a estas charlas sexa segura, ademais de dividir ás familias en catro grupos impóñense unha medidas de seguridade básicas como o uso obrigatorio de máscara de protección durante toda a xuntanza, só poderá asistir un responsable por alumno e so se poderán empregar as cadeiras habilitadas. Recomendan tamén evitar as aglomeracións na entradas e saídas da reunión.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: