www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Abril de 2019

A Anpa de Cedeira reclama un profesor de audición e linguaxe para o Centro
Sociedade • 7/10/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Responsables da Consellería comprometéronse hoxe a estudar a petición de pais e nais logo de que os representantes da Anpa se reunisen en Santiago con Xefe de servicio do profesorado de Infantil e primaria.


A asociación de pais e nais do colexio de Cedeira protagonizou hoxe en Santiago unha numerosa protesta para reclamar á Consellería de educación a concesión dun mestre especialista en audición e linguaxe a tempo completo. O colectivo de pais, xunto con familiares e veciños dos alumnos do centro, concentráronse no exterior do edificio da Xunta de San Caetano para expresar o seu rexeitamento á decisión de educación de que este especialista sexa compartido con outros tres centros escolares: a escola infantil de San Pedro de Cesantes, a de Ventosela e o colexio de Laredo. Os afectados explican que esto tradúcese en que o profesor só poida exercer a súa actividade en Cedeira dous días a semana. Dende a Anpa xustifican a súa demanda pola escolarización no centro de tres nenos con necesidades educativas especiais.


Recalcan ademais que a reducción no horario do profesor responde a unha campaña de reducción de gastos por parte da Consellería e que isto repercute na calidade do ensino e particularmente neste caso na atención a eses rapaces con necesidades especiais, que precisan agora de mais apoio porque dous dos rapaces pasaron xa a primaria.


Pais e nais confían en que a reunión mantida hoxe co Xefe do servicio do profesorado de infantil e primaria serva para que a Consellería atenda as súas peticións. Este departamento comprometeuse a darlles unha resposta o vindeiro mércores.

Comentarios
Víctor Manuel
Venres 8 de Outubro de 2010 ás 21:38 horas
Más de 600 millóns de euros custarán ás autovías proxectadas A-57 e A-59 e que se van levar a cabo en plena crise mentres se levan acabo recortes de dereitos laborais pola Reforma Laboral recortes dos orzamentos da Lei de dependencia recortes e privatización da sanidade e educación

Grazas PSG-PSOE e BNG!

Vivamos coma galegos en precario!
Arturo
Xoves 7 de Outubro de 2010 ás 18:55 horas
Mais de 194.000 euros veñen hoxe na páxina da Consellería para os Centros Privados para a /atención ao alumnado con necesidade de apoio educativo/ .
A brigada de demolición da Xunta segue o seu camiño de destrución do público. Quixera ver eu que tipo de alumnado con necesidades teñen estes centros xa que de todos é sabido a selección que fan dos seus alumnos.
E mentres na escola pública onde se fan verdadeiros esforzos para a inclusión ratean /de roubar/ mestres aos máis débiles. Isto é o que importa e non outyras tonterías estamos a falar de nenos non de cousas.
Logo queremos educación de calidade e Informes Pisa!!! Neste caso non se bota ollada ao que fan outros paises non sí? Aqui non interesa.
INDIGNANTE!!!
[1-2]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: