www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Setembro de 2020

O C.R. Chapela faise cunha bandeira e cinco medallas en Arealonga
Deporte • 14/09/2020
Autor: Ana Prieto

A XXIV Bandeira Concello de Redondela de Bateis disputouse onte fronte ao paseo de Cardona, organizada polo Club Remo Chapela. O club redondelán conquistou a vitoria na categoría infantil masculina, ademais de catro medallas de prata e un bronce en diferentes categorías. O C.R. Mecos dominou a proba, ao facerse con catro das dez bandeiras en xogo.


Nunha xornada de intensa calor en Arealonga disputouse a XXIV Bandeira Concello de Redondela de bateis, que serviu como última proba antes do Campionato Territorial Sur, que se disputará esta semana en Meira. O club de Chapela, organizador do evento, viviu unha boa xornada con seis podios: gañaron na catoría infantil masculina, foron prata en alevín, xuvenil e sénior feminino, prata tamén en xuvenil masculino e bronce en absoluto masculino.


Na xornada do sábado o club de Chapela xa participara con éxito na Bandeira Concello de Moaña, regata organizada por Tirán. Os redondeláns obtiveron catro podios: primeira posición na absoluta feminina e nos infantís masculinos, prata en xuvenil feminino e bronce en alevín feminino.


Campionatos Autonómico e Estatal


Coa cita de Chapela remataron as probas nesta pretemporada especial en bateis, unha competición que foi cancelada pola expansión da pandemia da Covid-19. Regresou en setembro en formato reducido. Esta fin de semana a parroquia moañesa de Meira albergará o Campionato Terrotorial Sur, que determinará os barcos que acuden ó Galego. E rematará o curso co de España tamén en Meira os días 3 e 4 de outubro.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: