www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Setembro de 2020

Rematan os traballos de mellora e asfaltado na rúa San Xoán de Arcal
Institucional • 14/09/2020
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería de Vías e Obras de Redondela deu por rematados os traballos de mellora e asfaltado da rúa San Xoán de Arcal, en Redondela, unha rúa que se atopaba nun estado "deplorable" e na que as veciñas e veciños viñan, dende hai anos, reclamando a súa reparación. Rematada esta actuación está previsto que esta mesma semana se acometan os traballos de asfaltado na rúa que leva cara a Ventosela.


As labores realizadas supoñen unha reparación integral co asfaltado de toda a vía e o conseguinte levantado de arquetas para adecualas ao novo firme. Para o remate da obra, explica o edil de Vías e Obras, Vicente Lamas, "tan so queda o pintado da sinalización horizontal e das prazas de estacionamento" co que a rúa quedará adecuada ao que se pide a unha zona urbana moderna.


Doutra banda, a Concellería de Vías e Obras adiantou que nesta vindeira semana tamén se comezarán cos traballos de asfaltado da rúa que leva cara a Ventosela.


Amairoes este departamento está a acometer traballos de roza en todas as parroquias da vila "están xa máis aló do 70 % co que se espera que conclúan nestas vindeiras semanas". Dentro desas actuacións inclúese o rozado do paseo de Redondela ata a Portela, paso que utilizan numerosas veciñas e veciños.


Como en outras moitas cousas, explica a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, os traballos de roza estaban previstos para varios meses atrás pero, a situación xerada pola COVID-19 e a conseguinte paralización es expedientes, provocou atrasos na execución dos traballos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: