www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Setembro de 2020

Redondela distribuirá máis de 3.200 máscaras protectoras entre o alumnado do ensino obrigatorio
Institucional • 14/09/2020
Autor: M. X. Queimaliños

O Concello inicia hoxe a distribución de máis de 3.200 máscaras de protección entre o alumnado de infantil, primaria e ESO dos centros públicos do municipio. Unha medida que responde á "fonda preocupación" do Concello ante un inicio de curso rexido por un protocolo "claramente mellorable" e no que o Goberno local, aínda carecendo de competencias nesta materia "fará todo o posible por garantir a saúde e seguridade dos nosos nenos e nenas" explica a concelleira de ensino, Olga García.


Nese sentido, a concelleira subliña "a contundencia" dun informe do secretario xeral da Deputación que sinala que "a desinfección dos centros escolares por mor da COVID-19 nestes centros non son competencia propia dos municipios e supón unha ampliación das mesmas que excede da pura limpeza".


En todo caso "por responsabilidade", afirma a rexedora local, Digna Rivas "o Goberno local seguirá desenvolvendo todas aquelas medidas preventivas que contribúan a garantir a seguridade dos e das escolares, "independentemente de a quen correspondan as competencias". Neste sentido decidiron incrementar esa limpeza coa contratación de catro persoas máis que se encargarán de reforzar este servizo nos centros escolares.


Vídeo-testemuña de concienciación sobre a COVID-19


Ao mesmo tempo que a entrega de máscaras aos centros escolares, se lles facilitará a cada uno dos colexios unha memoria USB cunha copia do vídeo-testemuña realizado polo Goberno local dentro da campaña de prevención e concienciación contra a COVID-19 "Faino por Todxs". A intención é que dito vídeo sexa difundido entre o alumnado de máis idade.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: