www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Setembro de 2020

As augas de Arealonga acollen a XXIV Bandeira de Bateis Concello de Redondela
Deporte • 12/09/2020
Autor: Ana Prieto

O Club de Remo Chapela organiza esta regata, que se celebra mañán domingo a partires das 11.00 horas fronte ao paseo de Cardona. Pariciparán unha ducia de clubs, todos os da provincia de Pontevedra. Están en xogo un total de 10 bandeiras, sendo a única regata que mantén este premio para todas as categorías tanto femininas como masculinas.


En Chapela traballan nos últimos preparativos para a regata que se celebra mañán domingo, e á que non van faltar ningún dos clubs que participan na Territorial Sur. Deste xeito a temporada de bateis, suspendida o pasado mes de marzo por mor da crise sanitaria da Covid-19, retómase esta fin de semana coas únicas dúas regatas que se organizan finalmente, a Bandeira Concello de Redondela, que se celebra mañán domingo, e a XXV Bandeira de Bateis Concello de Moaña, que se disputa hoxe sábado ás 17.00 horas, organizada pola SD Tirán. En ámbalas citas competirán as tripulacións masculinas e femininas das categorías alevín, infantil, cadete, xuvenil e absoluta. Ademais das bandeiras en xogo, os clubs buscan preparar o Campionato Territorial Sur, que se celebrará a próxima semana en Meira, Moaña. Os catro primeiros de cada categoría clasificaranse para o Campionato Galego, que será unha semana máis tarde na Pobra, os días 26 e 27 de setembro. Os mellores acadarán praza para o Campionato de España de Bateis, que se celebrará tamén en Meira na primeira fin de semana de outubro

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: