www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Setembro de 2020

Redondela acomete o acondicionamento e reparación das marquesiñas de autobús
Institucional • 11/09/2020
Autor: M. X. Queimaliños

O Concello desenvolve un plan integral de reparación y adecuación de todas as marquesiñas do municipio co obxecto de recuperar estas infraestruturas de transporte público que se atopan "nun lamentable estado de abandono despois de anos sen o máis mínimo mantemento".


A Concellería de Vías e Obras desenvolve dende hai semanas un plan de recuperación integral das marquesiñas de transporte público de todo o municipio, infraestruturas que "se atopaban nun lamentable estado de conservación froito da falta de mantemento durante anos".


Os traballos consisten nunha reparación a fondo das mesmas e inclúe a substitución de elementos e, nalgúns casos, ata o da propia cuberta en aquelas situacións que, o seu grao de deterioro, fagan imposible a recuperación das mesmas.


A alcaldesa Digna Rivas lembrou que o transporte público "non só inclúe ao transporte propiamente dito, senón tamén ás infraestruturas que o rodean e que permiten ofrecer un maior grao de comodidade ás usuarias e usuarios".


Se queremos un transporte público eficiente, engade a rexedora local, "non se pode consentir que as marquesiñas presenten o estado de abandono nos que as tiña o anterior goberno" xa que, explica, "a carencia destes elementos ou o mal estado dos mesmos, podería disuadir á veciñanza de utilizar este tipo de transporte".


Con este traballo o Goberno local da cumprimento a outro dos compromisos adquiridos coa veciñanza e longamente demandado pola cidadanía.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: