www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 17 de Xuño de 2019

Responsabilizan a Fomento e Audasa do estado de deterioro que presentan as pilastras de Rande
Institucional • 6/10/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Fomento resta importancia á caída dun cacho de formigón dun dos piares da ponte, mentres os veciños insisten en que si non se realizan labores de mantemento o deterioro da infraestrutura irá a máis. 


Os veciños que alertaron da caída de cachos de formigón dinha das pliastras da Ponte e do mal estado en que se atopan os piares e vigas transversais da infraestrutura acusan a empresa Audasa de non estar a realizar as labores de mantemento que lles corresponderían como concesionaria da autoestrada. Tamén responsabilizan do mal estado de conservación da Ponte ao Ministerio de Fomento, por ser quen debería velar porque a concesionaria cumprise as súas obrigas neste sentido.


Segundo engaden dende a Asociación de afectados pola ampliación da AP-9, os piares da ponte atópanse nun estado lamentable con "ferros podres, desprendementos do formigón e fendas debido á acción continuada do mar nunha obra que foi construída na década dos 70".


E mentres dende a asociación mostran preocupación polo estado dunha ponte pola que pasan diariamente unha media de 50.000 vehículos, dende o Ministerio aseguran o formigón desprendido do piar é tan dunha fenda superficial e que o viaduto é seguro.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: