www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 17 de Xuño de 2019

Clases masificadas e recorte de profesorado no IES Mendiño
Sociedade • 5/10/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O Claustro e a ANPA dos IES Mediño de Redondela denuncian o "recorte radical de profesorado" sufrido polo Centro o que está a incidir nunha diminución na calidade do ensino.


Explican que nun primeiro momento a Consellería decidiu reducir en cinco profesores o claustro do centro. Logo de reunirse na Delegación de educación de Pontevedra con técnicos de ensino, lograron que a Consellería accedese a dotar ao Centro dun profesional en ensinanzas especiais pero manteñen as súas demandas que pasan porque se dote ao centro con dous profesores de ensino secundario a maiores dos existentes actualmente.


Esgrimen entre outras razóns o feito de que o número insuficiente de profesores obrigase ao equipo directivo a reducir a oferta de materias optativas no bacharelato e a crear grupos moi numerosos de alumnos nese nivel.


Como exemplo explican que as aulas de 3º de ESO están masificadas pois xa non hai posibilidade de desdobrar mais grupos, con dúas aulas de 29 e 25 rapaces.


Critican ademais que a única explicación recibida por parte dos responsables da Delegación de ensino para xustificar a reducción no profesorado fora escusarse na crise cando ao entender de pais e nais os recortes non deberían afectar a servizos básicos como son o ensino ou a educación.


Pais e nais non desbotan mobilizarse ou poñer en marcha algunha medida en caso de que a Delegación non dea resposta ás súas peticións

Comentarios
un redondelán
Martes 5 de Outubro de 2010 ás 21:38 horas
leo noraboa a estos do pp son uns sin verguenzaso q nos espera!!!!!!
colegio de cedeira
Martes 5 de Outubro de 2010 ás 21:28 horas
xoves dia 7 as 9 :00da mañan saldra autobuses desde cedeira a santiago para exsigir profesores de educacion especial se llega al colegio de cedeira a las 14:00
[1-2]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: