www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 17 de Xuño de 2019

Alertan da caída de cachos de formigón da Ponte de Rande
Sociedade • 5/10/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Veciños de Chapela comprobaron, logo de ser alertados por mariñeiros que traballaban na zona, que dun dos piares da ponte tiña caído un cacho de formigón de importantes dimensións. Denuncian o estado de deterioro e abandono en que se atopan tanto os piares como as vigas transversais da infraestructura


A asociación de afectados pola ampliación da AP-9 de Chapela, alertados polos mariñeiros que faenaban na zona de Rande días atrás, achegáronse á base da ponte e comprobaron que se tiña desprendido dun dos piares da zona sur un gran cacho de formigón.


Trátase dunha peza dun metro por un metro e medio o que pon de manifesto, segundo aseguran estes veciños o estado lamentable en que se atopan os piares e vigas transversais da infraestructura que presenta ferros podres, desprendementos e fendas debido á falta de mantemento e á acción do mar no formigón que data da década dos 70.


Critican que dende a administración non se preste unha maior atención ao mantemento dunha ponte pola que pasan unha media de 50.000 vehículos ao día o que supón máis de dous millóns de euros ao mes.


A asociación trasladará o feito tanto ao Ministerio de fomento, Xunta e á empresa concesionaria da Autoestrada Audasa.

Comentarios
Comité Cidadán Antiprivatización
Mércores 6 de Outubro de 2010 ás 18:28 horas
Como leeredes na prensa en Hungría unha empresa PÚBLICA PRIVATIZADA fixo un vertido altamente tóxico e corrosivo en 7 localidades con alo menos 4 mortos e multiples feridos 8 graves.
Comité Cidadán antiPrivatización
Martes 5 de Outubro de 2010 ás 19:32 horas
Cremos que existe unha concesión privada por unha pila de anos para o mantemento e xestión da Autoestrada. Sabemos que a Audasa non se lle escapa ninguén sen pagar ainque haxa que facer caravanas e ter retidos aos usuarios 15 minutos nunha peaxe dunha via de alta capacidade que se supón que un entra para chegar antes aos destinos. Pero ben a nosa felicitación aos cidadáns que permiten aos nosos políticos a privatización dos servizos e obras públicas. Este non é senón outro exemplo dos multiples perxuizos das privatizacións e non é dos máis graves!
[1-2]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: