www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Abril de 2019

O desemprego repunta logo do verán con 64 novos parados en Redondela
Sociedade • 5/10/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O valor absoluto de persoas sen traballo apuntados nos servizos de emprego é de 2.468 persoas, fronte aos 2.404 do mes de agosto segundo os datos do MInisterio de Traballo. Fornelos e Pazos presentar unha tendencia positiva, cunha mínima diminución no número de desempregados.


O noso concello é un dos máis afectados polo crecemento do paro na comarca con un total de 64 novos parados segundo os datos ofrecidos onte polo Ministerio de Traballo e a Consellería de Emprego. O valor absoluto de persoas sen traballo apuntados nos servizos de emprego é de 2.468 persoas, fronte aos 2.404 do mes de agosto.


Isto ven a constatar unha tendencia que se observa en toda a comarca de Vigo, onde o remate do verán supuxo un incremento do paro que sufriu un ascenso notable, deixando a un total de 540 novas persoas se emprego.


Mención aparte merecen os ocncello de Fornelos e Pazos onde a variación é mínima pero en todo caso positiva, xa que en Pazos de Borbén son 13 persoas menos as inscritas no INEM mentres que en Fornelos a reducción foi de sete persoas.


Tamén mínima é a variación en Soutomaior, onde se pasou de 705 a 710 desempregados cun incremento polo tanto de cinco novos parados.


Se aténdenmos aos datos de hai un ano constátase unha perda de postos de traballo importante en Redondela con 253 persoas máis inscritas como demandantes de emprego. O sector máis prexudicados nos últimos doce meses foi o dos servizos, onde se constatou a perda de 117 empregos, seguido pola industrial onde se perderon un total de 69 empregos.  

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: