www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 17 de Xuño de 2019

Medio Ambiente reparte cen novas composteiras
Institucional • 5/10/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería inclúe esta iniciativa dentro do programa de reciclaxe que leva desenvolvendo nos últimos anos. Persegue co reparto de composteiras o aproveitamento dos residuos orgánicos para a elaboración de abono de calidade.


A Concellaría de Medio Ambiente retomou onte luns dentro do programa de reciclaxe que leva desenvolvendo durante os últimos anos un novo periodo de reparto de composteiras. Así, atendendo á grande demanda que tivo en anteriores campañas, repartiranse novamente composteiras a aquelas persoas que o tiveran solicitado con anterioridade. Abriuse ademais unha nova quenda para realizar as novas solicitudes.


As persoas interesadas deberán dirixirse ao departamento de Medio Ambiente do Concello de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.


No que vai de campaña xa se repartiron un total de 500 composteiras, uns recipientes que serven para botar o lixo orgánico e facer compost. O único requisito para poder acceder as composteira de xeito gratuíto é estar empadroado nunha vivendas que conte con leira.

Comentarios
composteiro o retretes
Martes 5 de Outubro de 2010 ás 21:34 horas
os composteiro son una mierda non pudren dento los resto que se echan los composteiro solo valen de jardineras y de vater para cuando te da el apreton
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: