www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Abril de 2019

O PP de Redondela denuncia a actuación do goberno no repintado das aulas de Santa Mariña
Institucional • 4/10/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Acusan a Concelleiro de Ensino de "mala xestión, ineficacia e deixadez", xa que segundo aseguran os populares a edil "é a responsable de que as obras deran comezo co inicio do curso e tiveran que ser paralizadas ata as vacacións de Nadal".


No PP pregúntanse por que estas obras non se realizaron durante os meses de verán aproveitando que os rapaces están de vacacións e que pola contra se comezaran xustamente cando o alumnado ven de retomar as clases. Unha decisión que segundo explica a secretaria de comunicación do PP local, Teresa París, obrigou a paralizar os traballos ata o Nadal periodo no que engaden "tampouco dará tempo a rematar a obra xa que a empresa encargada da mesma deu un prazo estimado para finalizar os traballos dun mes".


Ante esta actuación, o Partido Popular pediu, no último pleno celebrado o pasado martes pedía explicación á responsable municipal de Educación, Albina Reboredo quen explicou que foi cando remataron as clases e cando a propia dirección do centro solicitou o pintado das aulas cando se iniciaron os trámites para realizar a obra. Finalmente a mesma atrasaríase ata os últimos días de agosto polas xestións realizadas con dúas empresas.


No PP entenden que esta explicación ven demostrar a "ineficiencia do goberno" xa que non "é admisible para ninguén, pais e alumnos, que un colexio soporte o comezo dunha obra ao inicio do curso e este quede logo estancada, a medio rematar, para non saber con seguridade cando poderá ser rematada definitivamente".


Neste sentido, os populares lembran que o mantemento dos centros escolares son competencia municipal e é responsabilidade de cada concello que estes estean en condicións adecuadas para o desenvolvemento das clases, como así o recolle a lei.

Comentarios
Ollo por ollo
Luns 4 de Outubro de 2010 ás 17:44 horas
www.radioredondela.com/articulo.php?id=1069
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: