www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Setembro de 2020

A Rondalla de Redondela rende homenaxe a Francisco López Blanco, "Paco Flauta"
Sociedade • 6/08/2020
Autor: Ana Prieto

A Alameda Castelao acolle esta sábado, día 8 de agosto, un concerto de homenaxe ao músico, falecido o pasado mes de xullo. A Rondalla quere así amosar o seu recoñecemento ao seu compañeiro, home que colaborou ao longo da súa vida con diferentes agrupacións musicais e culturais. A cita será ás 21.30 horas e contará coa participación da Banda de Música de Redondela, o Grupo de Gaitas Froles Mareliñas, a Orquestra de Saxos e a propia Rondalla de Redondela.


Un dos organizadores do evento, Modesto González "Tito", explica que o seu obxectivo é poñer en valor a figura de Paco "Flauta", un home que de xeito discreto "traballou sempre pola música desde diferentes agrupacións e colaborou sempre con entidades culturais de Redondela". O concerto de homeaxe será tamén un repaso á súa traxectoria "xa que a música era xunto coa súa familia, a gran paixón de Paco". Por mor da situación sanitaria da Covid-19, o concerto celebrarase seguindo todas as medidas de seguridade, será obrigatorio o uso de máscara, e na Alameda estarán instaladas unhas 300 cadeiras, mantendo a distancia regulamentaria. O espazo abrirase ao público unha hora antes. Desde a Rondalla agradecen a todos os grupos musicais participantes a súa colaboración, así como á Concellería de Cultura do Concello de Redondela.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: