www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Setembro de 2020

Títeres, circo, teatro e moito humor no XXI Festival Internacional de Artistas de Rúa
Cultura • 5/08/2020
Autor: Ana Prieto

As rúas e prazas da vila de Redondela acollerán este venres, día 7, o tradicional Festival de Artistas de Rúa. A situación excepcional provocada pola Covid-19 mom impediu á Concellería de Cultura manter este tradicional evento, que se celebra tomando todas as medidas de seguridade e hixiene. Tanxarina, Troula Animación, Asacocirco, Kambahiota, Teatro ó Cubo serán os protagonistas da xornada, que contará tamén coa proxección audiovisual do espectáculo "Somos Criminais" de Carlos Blanco e Xosé Touriñán.


O concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, explica que a "nova normalidade" non permite que o público esta sentado no chan, como en pasadas edicións, e manterase unha distancia mínima de 4 metros co escenario, tal e coma se está a facer no resto da programación cultural deste verán. Todos os espéctaculos disporán de cadeiras para o público así como de dispensadores de xel hidroalcólico, que deberá levar posta a máscara de protección en todo momento. Nesta ocasión o festival contará cun pasarrúas de animación da compañía Troula que arrancará ás 20:00h na rúa Alfonso XII e percorrerá a rúa da Ribeira e o paseo da Xunqueira. Outros lugares que estarán animados polas compañías participantes serán a Praza da Constitución, Alameda Castelao, a zona dianteira da Casa da Torre e a Pista da Xunqueira.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: