www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Setembro de 2020

O C.C.D. Cesantes afiánzase na segunda praza da LGT-B e camiña cara ao play off de ascenso
Deporte • 4/08/2020
Autor: Ana Prieto

Logo dun mal comezo na competición, o club de Cesantes está a facer agora unha gran temporada na Liga Galega B de traiñeiras. A pasada fin de semana repetiu como segundo na Bandeira de Narón e afiánzase nos postos de play off de ascenso. Esta fin de semana a cita é en Perillo, co seu inmediato perseguidor como anfitrión.


O presidente da entidade, Jorge Rodríguez, amósase moi satisfeito co traballo dos remeiros e os excelentes resultados das últimas regatas. No club están felices porque, malia a crise sanitaria da Covid-19, puido disputarse esta competición na categoría raíña do remo galego, e Roríguez confía en poder rematar a liga a final de mes "sen contratempos". O seu obxectivo, que nun primeiro momento se limitaba a "poder sacar a traiñeira e competir", vai agora máis alá grazas aos bos resultados. Agardan seguir a este bo nivel nas próximas competicións e manterse nesta segunda posición, o que lle permitirá pelexar pola fase de ascenso á LGT-A. Na regata de Narón os de Cesantes mantiveron un man a man con Perillo, o seu rival pola segunda praza na xeral, e superouno por tan só dous segundos. Volveu gañar A Pobra, que conta todas as súas regatas como victorias. O C.R. Chapela quedou fóra da regata despois de que entrasen pola rúa equivocada na liña de meta. A decisión foi dos xuíces. A próxima xornada preséntase como clave para o segundo posto, xa que se celebra en Santa Cristina e Perillo oficiará de anfitrión. Se Cesantes mantén a tendencia e repite segundo posto terao todo a favor para disputar o play off de ascenso.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: