www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 14 de Agosto de 2020

Elena Vilaboa: "Eu son optimista, pero medo sempre se ten"
Sociedade • 31/07/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Nestes meses de confinamento e nova normalidade pasaron polos micrófonos da Radio Municipal as usuarias e usuarios da Cruz Vermella de Redondela para relatarnos en primeira persoas como viviron esta situación tan atípica. A través da liña telefónica para garantir todas as medidas sanitaria relataron os seus temores,angustias, enfados ante os que non respectan as normas pero tamén a súa esperanza en volver a normalidade. Confiamos en que a partir de setembro volvan xa aos nosos estudios.


Elena Vilaboa, quen pechaba esta xeira de entrevistas hoxe mesmo, insistía na necesidade de "facer o que nos mandan as autoridades para protexernos" porque "vendo os rebrotes que hai tamén penso que nos pode tocar" por iso non perde a ocasión de lembrar que o fundamental é usar a mascarilla e evitar grandes reunións familiares.


Para ela o máis difícil no confinamento non foi estar pechada na casa "senón estar lonxe dos fillos e dos netos, escoitabámonos por teléfono pero iso non chega".


Viviu o que é a enfermidade porque uns veciños da zona que estiveron enfermos "un matrimonio que se contaxiou nunha viaxe a Barcelona, pero afortunadamente os dous están ben".


Consciente de que o virus sigue aí insiste en que ela respecta todas as medidas pero tamén engade "non debemos obsesionarnos" porque a vida segue.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: