www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Abril de 2019

O Choco reivindica a súa calidade cunha goleada
Deporte • 4/10/2010
Autor: Ana Prieto

O Choco conseguiu onte un gran triunfo sobre un Arousa cun 5-1 no marcador. O equipo visitante só puido aguantar os ataques dos redondeláns na primeira parte. No resto de categorías destacar a vitoria do Chapela sobre o Guardés, actual líder de Primeira Autonómica, e resultados negativos en Terceira.


Preferente Sur


Choco 5-Arousa 1


O triunfo estábaselle a resistir aos de Redondela, pero onte fixeron méritos para facerse con el, e de xeito contundente. O encontro comezou en Santa Mariña co Choco facéndose o dono do partido, e aínda que o campo non se atopaba nas mellores condicións para a práctica do fútbol, os redondeláns con balóns longos sobre a porta de Solla tentaban poñer o marcador ao seu favor. E o resultado chegou no minuto 20 nun derrube claro do porteiro visitante sobre Richi, que permite a Bruno lanzar o penalti e poñer o 1-0 no marcador. A partir deste momento o Arousa adiantou un pouco as súas liñas e tomou o dominio do campo, pero as oportunidades non se producían por ningún bando. Xa no minuto 40 os visitantes conseguían o empate nun forte disparo de Josiño desde fóra da área e que o porteiro non puido deter.


A segunda parte foi moi distinta á anterior, o Choco na primeira xogada de ataque puxo o 2-1 por medio de Buján nun tiro dentro da área. 15 minutos máis tarde Calo, que acababa de saír ao terreo de xogo, marca o 3-1 nun pase de Richi pola esquerda. No minuto 70 volve ser Calo nun pase de Michel que, de cabeza, pon o 4-1. E a 10 minutos do final e xa cun Arousa completamente desfeito sobre o terreo de xogo, Eric marca o quinto gol nun balón mal despexado polo porteiro local. A segunda parte non ofreceu ningunha dúbida e permítelle aos redondeláns empezar a escalar postos na clasificación da categoría. Agora son 13º, e desde esta posición preparan o partido da próxima xornada no campo do Xuv.Sanxenxo, equipo que suma 2 puntos menos que o Choco e que está situado na 16º posición da táboa.


 


Primeira Autonómica


Chapela 1- Sp. Guardés 0


O Chapela gañoulle ó líder da táboa. Os de Luis Ferreira están a demostrar que, a pesares de ser un recén ascendido, teñen calidade para militar nesta categoría e dar moito que falar. Estes tres puntos déixonos da 7ª praza da categoría. O próximo domingo xogarán no campo do Salvaterra, un posto por baixo dos redondeláns.


 


Arcade 1- Traviesas 2


O Arcade non foi quen de impoñerse ó equipo visitante e cae á penúltima posición da táboa cun único punto sumado nas cinco xornadas que levan disputadas esta temporada. A próxima xornada xogarán no campo do R.Vilariño


 


Terceira Autonómica


Cesantes 1 - Beluso 1


O Cesantes conseguiu puntuar, fíxoo cun empate a un gol diante do Beluso, e grazas a que anotou o tanto da igualada xa en tempo de desconto. Este resultado déixaos 10º. Na próxima xornada xogan no campo do Moaña B.


 


Bueu 3- Soutomaior 0


O Soutomaior non foi quen de dar batalla no campo do Bueu, actual líder, e a derrota déixaos na 11ª posición da táboa. O domingo recibirán ó Cruceiro B, segundo de grupo empatado a puntos co líder.


 


Caroi 1 -Arcade B 0


O Arcade perdeu pola mínima no campo do Caroi, o que os deixa sen puntuar e no 13º posto da táboa. Na próxima xornada reciben ó Sampaio, terceiro de grupo e empatado a puntos co líder, o Bueu.


 


La Guía 3- Choco 1


O Choco mantense na metade da táboa despois da derrota no campo de La Guía. O próximo domigo xogará na casa co G.Peña, un dos colistas.


 


Vilar-Guillarei -non disputado


 


Nespereira 1-Nieves 0


O Nespereira gañou o primeiro partido desta liga, e fíxoo diante dun dos equipos mais fortes do seu grupo, o Nieves. A vitoria, pola mínima, déixaos na 13ª posición da táboa. O domingo xogarán nun dos campos máis complicados da categoría, o do Xinzo, actualmente 3º de grupo

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: