www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 17 de Xuño de 2019

Árbores caídas e vivendas sen subministro eléctrico principais efectos do temporal
Sucesos • 4/10/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Primeiro temporal do outono que deixou en Redondela e en toda a comarca multitude de incidencias, aínda que sen repercusións de gravidade. Temos que falar sobre todo de árbores caídas en diferentes parroquias do municipio, postes de luz e teléfono que se viron afectados e colectores que por mor dos fortes refachos de vento se moveron ao medio da estrada polo que foi necesaria a intervención dos axentes da policía local e de protección civil para restablecer o tráfico rodado nalgúns dos casos.


Con todo quizais o incidente de maior gravidade producíase en Cesantes, onde o vento provocaba o desprendemento dun toldo nunha casa de compra venta de coches situada no Alto Dos Tras. O toldo caiu enriba dos vehículos provocando algúns desperfectos de escasa consideración.


En cantos ás árbores caídas, segundo información da policía local, repetíronse en practicamente todas as parroquias e nalgúns casos afectaron ao tendido eléctrico provocando que algúns domicilios se quedaran sen luz e noutros casos afectando ao alumeado público. Así estes incidentes atopámolos durante a tarde de onte no Alto dos Valos en dirección Vilar, na N-550 en Cesantes, na parroquia do Viso á altura do establecemento Casa Catalina, en Quintela, no lugar de O Picoto en Chapela e en Cedeira onde unha árbore caía detrás da Igrexa.


Eses foron os efectos un temporal que descargou nalgúns puntos da provincia ata 200 litros por metro cadrado. De feito, a Dirección xeral de emerxencias tivo que decretar a alerta vermella a causa das fortes precipitacións e refachos de vento que afectaron á provincia de Pontevedra e Ourense principalmente.


Os problemas detectados no noso concello repetíronse de feito no resto das localidades da provincia aínda que xa de cara á noitiña se recuperaba a normalidade que será o máis destacado para hoxe no aspecto meteorolóxico.

Comentarios
Cesantes
Luns 4 de Outubro de 2010 ás 17:31 horas
Outra consecuencia foi que debido a auga caida as obras de mellora do alcantarillado que vai dende o paso de peón na beirarúa frente ao mercado do gando ta a ponte sobre a desembocadura do rió Pexeguiro reventou a beirarua a altura da ponte e houbo un escape ou vertido de augas facais na desembocadura do rio Pexeguiro. Como é que se xuntan as augas fecais cas pluviais? Quen é o responsable? Seguimos pagando as tasas do saneamento e as correspondentes subas? Sigamos pensando que bos son os nosos políticos e os servizos privatizados!!!
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: