www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Abril de 2019

Na procura dunha vellez feliz
Sociedade • 1/10/2010
Autor: Ana Prieto

A concellaría de Servizos Sociais celebra esta tarde unha charla co gallo do Día Internacional das Persoas Maiores. Baixo o título "Na procura da calidade de vida: o mellor de ser maior" darase un enfoque positivo á situación dos maiores e daranse a coñecer os servizos ó seu alcance en Redondela. A cita é as 18.00 horas no Multiusos da Xunqueira.


A psicóloga Mónica Calvo e a traballadora social María Jesús Lago serán as encargadas de ofrecer ós maiores de Redondela unha charla co gallo de Día Internacional das Persoas Maiores. A conferencia ten dous obxectivos, por unha banda dar un enfoque "positivo" á situación vital dos maiores, deixando de lado esas visións negativas que falan da terceira idade centrándose en "enfermidades e soidade", segundo explica Mónica Calvo. Por outra banda a charla desta tarde busca dar a coñecer ós maiores os servizos que teñen ó seu alcance para facer posible un maior desenvolvemento persoal e social. Para Mónica Calvo actividades como os obradoiros de memoria, risoterapia, ou calquera outra actividade son "fundamentais" para unha vellez feliz. Segundo esta experta o máis importante é "manterse activo", seguindo os gustos e as necesidades de cada persoa. En canto ó título da charla, Calvo asegura que "o mellor de ser maior é o tempo", un tempo que poden dedicar ós seus familiares e amigos, e tamén a eles mesmos.


A cita é no Multiusos da Xunqueira ás 18.00 horas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: