www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 15 de Agosto de 2020

Alfombra floral, acto institucional e música de Guadi Galego para celebrar o día de Galicia
Cultura • 27/07/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Un tapiz floral decorou durante a fin de semana a praza do Concello para conmemorar o 25 de xullo cunha tradición tan nosa como son as alfombras florais. Unhas celebracións que incluíron o tradicional acto institucional na Alameda Castelao e o concerto de Guadi Galego, quen ofreceu  a súa música nun Campo da Feira no que o público permaneceu nas súas cadeiras para respectar as medidas de seguridade impostas pola Covid-19.


Os actos en torno ao Día de Galicia centráronse na tarde noite do propio 25 de xullo, malia que na xornada anterior un grupo de alfombristas traballaron arreo para decorar a praza do Concello cun tapiz no que se podía ver o mapa de Galicia co escudo de Redondela.


No propio día os nenos tomaron a palabra para lembrar o centenario da Xeneración Nós e houbo tamén intervención no acto institucional celebrado na Alameda de Castelao, da alcaldesa Digna Rivas e o edil de Cultura Daniel Boullosa.


Unha xornada que rematou cun dos principais actos culturais da programación de verán. o concerto de Guadi Galego no Campo da Feira.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: