www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 15 de Agosto de 2020

Campamento de verán nas parroquias e urbano en Redondela para favorecer a conciliación
Sociedade • 24/07/2020
Autor: M. X. Queimaliños

O concello de Redondela manterá aberto ata o martes día 28 o prazo de inscrición en ambas as dúas actividades que se van desenvolver durante todo o mes de agosto e que, no caso do campamento de conciliación de verán, prolongarase ata o 4 se setembro. A documentación pode descargarse da páxina web de concello e debe entregarse no rexistro municipal.


O campamento de conciliación oferta un total de 225 prazos e está orientado a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade. O servizo prestarase en horario de mañá de 9:00 a 14:00 horas dende o 3 de agosto e ata o 4 de setembro. Os campamentos desenvolveranse nas parroquias de Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Chapela, Negros, O Viso, Reboreda, Saxamonde, Ventosela e Vilar.


Pola súa banda os usuarios do centro de Redondela terán a posibilidade de solicitar praza nos campamentos urbanos que se levarán a cabo nas semanas de agosto. Neste caso a actividade desenvolverase nas instalacións do instituto Mendiño e ofértanse un total de 30 prazas pro semana. A distribución de participantes entre quendas realizarase atendendo ás preferencias marcadas na solicitude.


En ambos os dous casos, as persoas interesadas deberán presentar ademais da ficha e inscrición e copia do libro de familia, a última nómina e documentación que acredite se realizan o seu traballo de xeito presencial ou telemático.


O prazo para a presentación de solicitudes será ata o 28 de xullo. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro xeral do Concello e a documentación a presentar atópase na páxina web do concello.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: