www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 12 de Agosto de 2020

O PP cualifica de "propaganda baleira" o anuncio do plan de reactivación económica
Política • 24/07/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Os populares aseguran que o goberno local lles denegou o acceso ao Plan de reactivación económica anunciado dende a alcaldía "remitíndonos a unha futura presentación ante a Mesa de reactivación, que nin foi convocada, nin se reúne dende o pasado mes de maio". Critican que se faga público este Plan sen antes presentalo nin aos diferentes sectores afectados nin aos grupos políticos.


"Pretendíamos coñecer o contido concreto do Plan para poder avalialo e saber si se recollían todas as propostas presentadas polo noso grupo e polos demais compoñentes da mesa de reactivación" explica o popular, Iván Crespo, quen non entende "que se anuncie en prensa antes de ter a aprobación consensuada de todos os representantes dos diferentes sectores afectados e que non se facilite una copia a todos os grupos municipais e distintas organizacións que participaron na elaboración do documento para poder valoralo e traballalo con carácter previo a súa exposición tal e como se acordara na derradeira xuntanza de hai 3 meses". Crespo lamentou a falta de transparencia do bipartito "que primeiro nos pediu colaboración, e agora nos resposta con propaganda baleira e falta de transparencia "


Aseguran ademais dende o PP estar "moi preocupado pola tardanza destas medidas" polo que solicitan que se convoque "de inmediato" a Mesa de Reactivación para que canto antes as axudas cheguen ao conxunto dos comerciantes e pequenos empresarios de Redondela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: