www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 15 de Agosto de 2020

Terapia de grupo e a Xingros Big Band, propostas musicais para as noites de Arcade
Cultura • 24/07/2020
Autor: M. X. Queimaliños

O Concello de Soutomaior continua hoxe coa súa programación de actividades culturais de verán cun novo concerto do ciclo "Soutonight", unha serie de concertos de pequeno formato para animar as noites de verán. A actuación musical dará comezo a partir das 22:30 horas no Peirao de Arcade co grupo Terapia de grupo. O sábado a actuación será na alameda de Talo Río a mesma hora coa Xingros Big bando do conservatorio de Redondela.


Tras a actuación da Pequena Compañía hai dúas semanas, este fin de semana é a quenda de Terapia de Grupo, un trío cuxo repertorio está composto por versións de diferentes épocas e estilos como o pop español, rumba, folk, bandas sonoras e música disco dos anos 80.


O concerto será totalmente gratuíto, aínda que contará con restricións de aforamento para manter as normas sanitarias. Ademais, será necesario atender ao resto de recomendacións e protocolos contra a Covid 19, como o uso de máscaras e o distanciamento social.


Mesmas medidas as que se aplicarán no concerto do sábado, nese caso na alameda Talo Río de Arcade cunha noite dedicada a música swing americana de man da Xingro´s Big Band. A actuación dará comezo a partir das 22:30 horas. A Xingro´s Big Band ofrece un repertorio moi pouco habitual en Galicia cun amplo abanico de jazz e música swing en directo, o que converte as súas actuacións nunha experiencia chea de diversión e ritmo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: