www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 15 de Agosto de 2020

Xuventude abre o prazo para inscribirse no Campamento urbano de agosto
Institucional • 22/07/2020
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellaría de Xuventude ten aberto ata o vindeiro 27 de xullo o prazo de inscrición para participar nas catro quendas dos Campamentos Urbanos que se levarán a cabo nas semanas de agosto. Desenvolveranse nas instalacións do instituto Mendiño e está dirixido a nenas e nenos de entre 4 e 12 anos. Ofértanse 30 prazas por semana. As actividades desenvolveranse entre os días 3 e 28 de agosto de luns a venres en horario de 9:00 da mañá ás dúas do mediodía.


A distribución de participantes entre quendas realizarase atendendo ás preferencias marcadas na solicitude e como acontece co campamento de conciliación, as persoas interesadas en acceder a algunha das quendas deberán presentar ademais da ficha de inscrición e copia do libro de familia, a última nómina e documentación que acredite se realizan o seu traballo de xeito presencial ou telemático.


Os interesados e interesadas poden descargar o formulario de inscrición dende a web do Concello de Redondela -www.redondela.gal- onde tamén poderán consultar as normas polas que se rexerá esta actividade.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: