www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 15 de Agosto de 2020

O Choco busca xogadoras para crear dous equipos femininos
Deporte • 22/07/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Esta tempada o Club Deportivo Choco da un paso máis cara adiante coa creación dun equipo feminino co obxecto de seguir crecendo como entidade deportiva e para cubrir todas as demandas que chegaban ás oficinas do club. O obxectivo sería crear dous equipos, un de fútbol 8 para nenas nadas entre o 2009-2014 e outro de fútbol 11 para as nadas en 2007-2008. As persoas interesadas poden chamar ao número 670 965 826 (en horario de 16.00-20.30 h) ou por medio do correo electrónico C.D.CHOCO@hotmail.com.


Lembran dende o club que os xogadores dos equipo base son a pedra angular do Choco cos que se traballa intensamente ano tras ano. Un traballo que está a dar os seus froitos como amosa o feito de que este ano o equipo Xuvenil fixera historia co ascenso a División de Honor, categoría na que competirá esta próxima tempada. Tamén se conseguiron os ascensos do Infantil B e o Cadete B a Primeira Autonómica mentres que o Cadete A e o Xuvenil B quedaron sen disputar a fase de ascenso pola situación pandémica do noso país. Outro dos grandes éxitos do ano foi o dos nenos do Benxamín A, campión invicto malia que non ascenderán á máxima categoría ao anularse a competición pola crise sanitaria.


Uns éxitos que salientan malia insistir en que o máis importante apra o club é "a transferencia de coñecementos e dos valores deportivos que sempre axudan ao crecemento do rapaz a nivel deportivo e persoal".


Esta tempada o Club Deportivo Choco da un pasiño máis cara adiante coa creación dun equipo feminino por ese afán de seguir crecendo como entidade deportiva e para cubrir as demandas que chegan ao club. Nun principio configuraríanse dous equipos: un de fúbol 8 para nenas nadas entre o 2009-2014; e un de fútbol 11 para as nadas en 2007-2008.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: