www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 24 de Abril de 2019

O Peguform SAR viaxa á pista do Zamora co obxectivo de traer os dous puntos
Deporte • 1/10/2010
Autor: Ana Prieto

Os xogadores de Domingo Da Cunha comezaron a liga co lastre das baixas, o que obriga ó equipo a un maior esforzo fisico. Con todo, o adestrador confía na calidade do equipo e aspira a acadar un resultado positivo diante do Zamora despois de sumar un empate e unha derrota nas dúas primeiras xornadas.


O Peguform SAR comezou a liga na Coruña colleitando un empate na pista do OAR despois de ir por diante no marcador ata o último minuto. Na estrea na casa, o pasado sábado diante do Lalín, desaproveitaron a ocasión de acadar a súa primeira vitoria nos últimos minutos. O cansazo dos xogadores de Redondela ao final do partido permitiu ós de Lalín darlle a volta ó marcador. A explicación destes resultados está moi clara para o técnico, Domingo Da Cunha, que acusa "as importantes baixas" no equipo nesta temporada. Os xogadores non poden manter o nivel fisicamente e nos últimos minutos do partido o rendemento baixa. A solución pasa por acadar "algún reforzo", cuestión na que xa está a traballar o club, e agardar a recuperación de homes importantes como o lateral Polaco, lesionado cunha tendinite. Con todo, o adestrador confía na calidade do seu equipo, con xogadores de calidade, á altura "de calquera equipo da categoría", e confía en acadar un resultado positivo en Zamora, equipo que actualmente está un posto por debaixo dos redondeláns. A cita é o sábado no Polideportivo Manuel Camba a partir das 18.00 horas.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: