www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 15 de Agosto de 2020

A rápida intervencións dos medios de extinción permiten controlar un incendio en Soutomaior
Sucesos • 22/07/2020
Autor: M. X. Queimaliños

A seca xeneralizada e as altas temperaturas teñen en alerta aos servizos de emerxencias ante posibles lumes forestais como o declarado na tarde de onte no barrio de Moreira.Dende Protección Civil de Soutomaior fan un chamamento á colaboración cidadá que, como neste caso, permite actuar canto antes evitando así que lume adquira grandes dimensións e se espalle polos montes.


Era unha veciña da zona de Moreira a que avisaba aos servizos de emerxencias deste incendio forestal nas inmediacións deste barrio de Soutomaior. Tras recibir ese aviso, mobilizouse o retén de Protección Civil, Policía Local, Garda Civil e remitiuse aviso o 112 e o 085 que enviou varios reténs de brigadas contra incendios así como dous camións motobomba. A rápida intervención dos medios de extinción foi esencia para coller o lume a tempo o que permitiu que quedara controlado en menos dunha hora.


Dende Protección Civil de Soutomaior fan un chamamento á colaboración cidadá que, como neste caso, permite actuar canto antes evitando así que lume adquira grandes dimensións e se espalle polos montes. Lembran que ante calquera incidencia débese chamar ao 112 ou 085, e insisten en que nos atopamos nunha situacións especialmente sensible pola falta de chuvias e o episodio de altas temperaturas que está a acompañarnos dende o inicio de mes.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: