www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 15 de Agosto de 2020

Unha condutora perde o control e leva por diante a canastra da pista de baloncesto da Alameda
Sucesos • 17/07/2020
Autor: M. X. Queimaliños

O accidente tivo lugar ao redor das nove da noite cando a condutora, por causas que se descoñecen, perdeu o control do vehículo que conducía polo Campo da feira. Logo de subir a beirarrúa o turismo accedeu a cancha de baloncesto e colidiu contra unha das canastras que quedou pendurada sobre a pista. A muller, veciña de Redondela e de mediana idade, foi trasladada en ambulancia malia que o seu estado non revestía gravidade.


Todo apunta a un despiste que afortunadamente quedou nun susto. Eran aproximadamente as nove da noite cando o vehículo irrompía na pista de baloncesto tras subirse a beirarrúa e atravesar o seto que separan esta instalación deportiva da zona de estacionamento do campo da Feira. A condutora foi trasladada a un Centro de Saúde para valoración pero o seu estado non presentaba gravidade.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: