www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 15 de Agosto de 2020

O novocirco de Peter Punk e a música tradicional, programa cultural na fin de semana
Cultura • 17/07/2020
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería de Cultura proponnos este venres un espectáculo para o público familiar a cargo do pallaso Peter Punk, quen chega a Redondela co seu espectáculo Chugo ke te cagas que se poderán ver hoxe ás 20:00 horas na Alameda Castelao. O sábado a quenda será para o grupo Airiños da Peneda e o domingo Airiños do Mar de Teis.


O Clown galego ofrece un espectáculo cheo de humor no que, durante 60 minutos, amosará a súa destreza coas bolas, mazas, aros, a globoflexia e todo iso sen esquecer o humor nesta nova proposta que leva por nome "Chungo ke que te cagas".


Xa o sábado a proposta será musical co grupo de música folk Airiños da Peneda quen actuará ás 22:00 horas tamén na Alameda de Castelao.


O grupo de voces masculinas Airiños do Mar de Teis será o encargado de pechar o programa da fin de semana cunha actuación o domingo 19 na Alameda de Rosalía de Castro en Chapela ás 21:30 horas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: