www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Abril de 2019

O pleno aproba provisionalmente o novo regulamento do servizo de taxis en Redondela
Institucional • 30/09/2010
Autor: Ana Prieto

Na sesión plenaria celebrada na noite do martes a corporación aprobou outras cuestións de trámite, como o nomeamento do alcalde, Xaime Rei, como representante do Concello na Autoridade Portuaria, tamén o soterramento da liña de media tensión nas inmediacións do río Pexegueiro. No apartado de mocións a proposta do BNG para que o Concello se sumase á convocatoria de folga foi rexeitada cos votos en contra de populares e socialistas, e a abstención do Partido Galeguista.


O Concello de Redondela celebrou na tarde noite do martes o pleno ordinario correspondente a este mes de setembro no que se aprobou provisionalmente o regulamento municipal para o servizo de taxis. Neste punto o PP abstívose, alegando que existían varias reclamacións por parte dos propios taxistas, polo que solicitaron do goberno local que aclarase con eles eses problemas antes de aprobar o regulamento. Desde o PsdG o concelleiro José García Míguez explicou que despois de reunirse en varias ocasións cos afectados non se chegou a un acordo, polo que se levou a pleno a aprobación provisional do regulamento, e unha vez se publique, contarán cun mes de prazo para presentar alegacións. O regulamento foi aprobado cos votos a favor de todos os grupos, agás a abstención dos PP.


Tamén se aprobaron outras cuestións de trámite, como o nomeamento do alcalde, Xaime Rei, como representante do Concello de Redondela no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo. A proposta aprobouse cos votos en contra do PP, que solicitou que fose un concelleiro do seu partido o que representase a Redondela, ó tratarse do "partido máis votado" nas últimas eleccións municipais.


O resto dos puntos da orde do día consistiron en trámites como certificados de fin de obra e o soterramento, por parte de Fenosa, da liña de media tensión nas inmediacións do río Pexegueiro e a zona da Marisma.
No apartado de mocións a proposta do BNG para que o Concello de Redondela se sumase á convocatoria de folga centrou boa parte do debate. A moción foi rexeitada cos votos en contra de populares e socialistas, e a abstención do Partido Galeguista.

Comentarios
Víctor Manuel
Luns 4 de Outubro de 2010 ás 17:41 horas
NOn é de extranar o procedemento democráctico neste Concelliño. Pero ben que non se queixen os taxistas polo xesto ao ser recoñecido polo goberno municipal como afectados e reunirse con eles. Outros imos chegara vellos sendo afectados pola privatización dos serviso públicos municipais e nin nos recoñecen como afectados nin dannificados senón como "agraciados cidadáns". Nin se reunen con nos. Deben sospeitar que lles imos dar unha aperta e unha palmada nas costas para que repitan o xesto! Despois dirannos para que serve o VOTO NULO. Pois polo menos para non ser un o que lle poña a man no gatillo cando o están encañonando ca recurtada!
Marciano
Sábado 2 de Outubro de 2010 ás 23:00 horas
Eu non sei que interés ten un NON INDENTIFICADO en identificar a Isidoro G sexa quen sexa se trate de quen se trate. Hai que predicar co exemplo en vez de chamrte seguirdor pon o teu nome e apelidos.
Proposición
Sábado 2 de Outubro de 2010 ás 16:01 horas
Grupo Facebook de apoyo a Isidoro G.!!!que grande que es!!!que nos diga el nombre real!!!
Isidoro G
Sábado 2 de Outubro de 2010 ás 13:21 horas
Cierto es compañero Arturo que todos nos equivocamos o confundimos. Tu mismo lo acabas de demostrar al haber citado el evangelio de San Juan de manera erronea y todos sabemos que al citar debe realizarse tal cual aparece en el texto al que te refieres.

P.D. El día que sepas como poner comas y otros signos ortográficos en esta preciosa página avisame.
Arturo
Sábado 2 de Outubro de 2010 ás 12:22 horas
Como vexo que te preocupas moito pola ortografía direiche amigo Isidoro que:
1º O sino que utilizas é separado: si no .
2ºLogo do : A quién te refieres deberías poñer dous puntos .
3º Crónicas leva tíl.
4º Logo de crónicas faría falta unha coma ou un punto e coma.
E para rematar algo que penso gustarache unha cita bíblica: Quen esté libre de pecado que tire a primeira pedra.
Un saludo.
P/D: Non utilizo comiñas xa que logo sae unha cousa rara ao publicar pero serían precisas en todas as citas literais.
seguidor 2
Venres 1 de Outubro de 2010 ás 16:18 horas
Isidorodinos quien eres de verdad?
Isidoro G
Venres 1 de Outubro de 2010 ás 15:25 horas
Estimado amigo:

Solo quisiera comentarte tres puntos:

1º- Son tres puntos y no mas los que debes utilizar sino quieres cometer faltas de ortografia.

2º- Cuando comentas que estuvo el Opus Dei con sus amigos... ¿A quién te refieres al Islamismo y al Budismo...?

3º- Un periodista no habla en sus cronicas lo que hace es transmitir o difundir.

Un saludo
seguidor de Isidoro G.
Xoves 30 de Setembro de 2010 ás 18:42 horas
Isidoro G................................................ vuelve. Otra vez la periodista habla de cuestiones de trámite......................No cuenta que el opus dei y sus amigos estuvieron en el pleno............. cuando te darán un buen titular. Tu no cejes en el empeño y haz méritos........... tal vez........tal vez.......
[1-8]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: