www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Outubro de 2019

O venres continua a sementeira de ameixa na Enseada de San Simón
Sociedade • 4/08/2009
Autor: Lorena Otero

Por segundo ano consecutivo a Confraría de Redondela e Arcade poñen en marcha esta inciciativa que lles permitirá obter entre 8.000 e 9.000 quilos de ameixa xapónica que estarán a venda para o Nadal.


As tarefas de repoboación na Enseada de San Simón comezaron o 31 de xullo na zona da Portela co levantamento de 1.200 quilos de ameixa xapónica que foron trasladadas ao Cabalo para o seu engorde. O marisco, orixinario de Santander, fora sementado hai un ano na zona da Portela onde acadou unha talla de 30 milímetros. Agora o molusco pasará aos fondos mariños do Cabalo para que remate o proceso de crecemento e acade a talla mínima permitida. Esta é a primeira fase dun proceso que se prolongará ao longo de todo o mes de agosto e que ten como obxectivo chegar a unha produción de 360 quilos desta especie.

Os traballos estanse a realizar conxuntamente entre a Confraría de Redondela e a de Arcade. Na primeira xornada participaron 30 mariscadores que repetirán esta tarefa este venres 7 de agosto. Unha práctica que se está a desenvolver nos últimos dous anos na enseada de San Simón, segundo o Patrón Maior da Confraría de Redondela, Clemente Bastos, polos bos resultados que se obteñen, tanto pola calidade do marisco como pola cantidade da produción, xa que a ameixa xapónica ten un prezo económico e adáptase ben as condicións da zona da Enseada.
Para podelas atopar nos mercados teremos que esperara ata o Nadal, cando as confrarías prevén que a ameixa chegue á talla mínima permitida, os 40 milímetros.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: