www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 15 de Agosto de 2020

Soutomaior aposta polo "Cine na rúa" na súa programación cultural de verán
Cultura • 15/07/2020
Autor: M. X. Queimaliños

A película María Soliña será a encargada de abrir este programa coa proxección este xoves ás 22:30 horas no Peirao de Arcade. Seguiranlle títulos máis familiares e orientados a público infantil e xuvenil como "Como entrenar a un dragón 3", "La gallina Turuleca" e "Alita Ángel de combate". O aforo será limitado para respectar a distancia social imposta polos protocolos de seguridade sanitaria.


A última película de Ignacio Vilar, estreada en Redondela lugar no que se rodaron boa parte das súas escenas e seleccionada para participar no festival de cine de Taormina,  María Solinha, será a primeira das propostas incluída neste ciclo de cine na rúa que busca fomentar a actividade cultural ao aire libre, aproveitando o bo tempo e buscando alternativas para este verán postcovid que dificulta a realización de actividades en espazos pechados. En todo caso, en todas as actividades seguiranse as normas e protocolos de seguridade COVID-19, o aforo será limitado, a entrada será de balde e as prazas cubriranse por orde de chegada.


Poderase ver este mesmo xoves día 16 de xullo ás 22:30 horas no Peirao de Arcade.


A programación seguirá o sábado 18 con "Como entrenar a tu dragón" que se proxectará na Alameda de Talo Río ás 22:30 horas.


As seguintes propostas serán xa no mes de agosto, co título "La Gallina Turuleca" o sábado 15 ás 22:30 horas no campo de San Benito de Romariz en Soutomaior e o sábado 22 de agosto con "Alita Ángel de Combate" na Alameda de Talo Río, tamén ás 22:30 horas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: