www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 15 de Agosto de 2020

O Concello desinfecta o exterior dos Centros de Día que hoxe retoman a súa actividade
Institucional • 15/07/2020
Autor: M. X. Queimaliños

O Concello de Redondela desenvolveu na xornada de onte os traballos de desinfección exterior nos catro centros de día que funcionan no municipio - Arela, Cesantes. Cortizos e Galeón- ante o inminente inicio da súa actividade co obxecto de "garantir, en todo momento, a seguridade sanitaria dos veciños e veciñas que utilizan estes servizos".O Goberno local critica que a Xunta non permitira antes a apertura destes centros polos prexuízos que este atraso provocou tanto entre os usuarios como entre as familias.


Os catro centros de día do municipio reinician hoxe a súa actividade logo de estar suspendida dende o inicio do estado de alarma. Co obxecto de "salvagardar a saúde dos nosos veciños" o Goberno local procedeu a realizar a desinfección da contorna destas instalacións para garantir un acceso seguro.


Como responsable da Terceira Idade a alcaldesa, Digna Rivas  considera "incomprensible" o atraso na reapertura destes centros cos "prexuízos en deterioro cognitivo e social que iso supuxo para os usuarios e usuarias e os prexuízos que isto supuxo para as súas familias".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: