www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 19 de Xullo de 2019

Soutomaior xa conta co segundo parque biosaudable
Institucional • 30/09/2010
Autor: Lorena Otero

A área recreativa está composta por oito aparellos de exercizo destinados a mellorar a mobilidade, aumentar a flexibilidade e tonificar a musculación das persoas de mediana idade.


O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, inaugurou xunto ao Concelleiro de Deportes, Francisco Igrexas o segundo parque biosaudable do municipio, sito na senda peonil da zona marítima de Arcade. Esta zona de recreo súmase ao único parque, até o momento, destas características existente no concello, que se inauguraba no 2007 na zona do Salgueirón.


Facilitar que os veciños poidan mellorar a súa calidade de vida, fomentar os lugares de encontro e diversión así como axudar á conservación das zonas verdes municipais son os obxectivos que persegue este parque biosaudable, que supuxo un desembolso de 7.000 euros para o Concello de Soutomaior.


Os aparellos están deseñados especialmente para a práctica de exercizo físico de adultos a partir dos 40 anos, en especial para as persoas maiores de 60 anos, xa que o seu uso lles permite mellorar a mobilidade, aumentar a flexibilidade e tonificar a musculación de todo o corpo, ademais de permitir manter a forma física e previr ou tratar diferentes doenzas ou lesións concretas.


O parque está composto por oito aparellos que combinan distintos equipos de ximnasia: extensión, barras, paralelas, escaladora, hoquey, remo, cintura e esquí. O Alcalde de Soutomaior destacaba, na súa inauguración, que trátase dunha "contorna única para pasear, conversar, intercambiar vivencias e como non, manter ou corpo e a mente en forma".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: