www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 15 de Agosto de 2020

O BNG convértese en primeira forza en Soutomaior
Política • 13/07/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Gran vitoria para os nacionalistas en Soutomaior quen con 1.541 votos colócase como o partido máis votado nesta localidade, por diante do PP que queda en segundo lugar co apoio de 1.381 electores. Os socialistas son terceiros con 406 votos mentres Podemos ten que conformarse con 108 papeletas. Non hai sorpresa en Pazos de Borbén, localidade na que o PP arrasa co 48% do votos, nin tampouco en Fornelos localidade na que o PSOE segue sendo líder indiscutible con practicamente o 44% do voto.


Os nacionalistas en Soutomaior teñen experimentado nos últimos ano un ascenso importante que a piques os deixaron nos últimos comicios municipais ás portas da alcaldía, que mantiña finalmente o popular Agustín Reguera. Un ascenso que animado pola tendencia a alza do Bloque en toda Galicia neste comicios, os converten en primeira forza co 43% do voto (+665). En segundo lugar queda o PP co 38.48% (-224) e o PSOE a terceira praza co 11% do voto, practicamente os mesmo apoios de hai catro anos. Podemos obtén nesta localidade tan só o 3% das papeletas emitidas.


Non hai sorpresas nin en Pazos de Borbén nin en Fornelos en canto ao partido máis votado. Repite en Pazos o PP malia perder apoios mentres o BNG triplica o número de papeletas, pasando de 102 a 377. O PSOE ascende lixeiramente, pasa de 219 a 248 e Podemos logra 57 papeletas.


En Fornelos o PSOE mantén un liderado indiscutible con 348 votos, seguido do PP con277 e ocupa o BNG a terceira praza con 115 papeletas.


En toda a comarca o papel tanto de Vox como de Ciudadanos segue a ser residual sen arrastrar votantes ás súas respectivas candidaturas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: