www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 24 de Abril de 2019

Proyecta, Actividades Profesionales S.L, encargada de mellorar a condución de auga en Chapela
Institucional • 28/09/2010
Autor: Lorena Otero

Dez mil habitantes beneficiaranse desta mellora que contará cun orzamento de 261.711,31 euros e cun prazo de execución máximo de catro meses.


A Deputación de Pontevedra acordou hoxe adxudicar de xeito definitivo o obra de mellora da condución de auga en Chapela á empresa Proyecta, Actividades Profesionales de la Construcción S.L. O proxecto seleccionado requirirá un orzamento de 261.711,31 euros e será executado nun prazo máximo de 4 meses. As melloras que se acometerán están valoradas en preto de 40.000 euros e o 5,05% do presuposto de execución material irá destinado ó control de calidade.


A obra consistirá na substitución de 1.181 metros da vella condución de fibrocemento, dende o depósito regulador de Chapela até o centro urbano, por unha tubaxe de fundición do mesmo diámetro. Tamén se cambiará a toma dende o río Folón até o depósito.


 

Comentarios
Curioso
Martes 28 de Setembro de 2010 ás 16:21 horas
Esto significa que poderemos descontar dos nosos recibos o concepto de abastecemento o custe da obra da Deputación á concesionaria Aqualia?. Esto significa que Don Emilio González xa non podera virnos co argumento das inversións millonarías que fai a concesioria Aqualia na mellora da rede como acostuma esta concelleiro mintireiro para xustificar a suba das tasas e recibos de abastecemento de auga?
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: