www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 15 de Agosto de 2020

O Redondela FS apraza ata o 2021 o Campionato de Futbito da Xunqueira
Deporte • 9/07/2020
Autor: M. X. Queimaliños

O club Redondela Fútbol Sala en coordinación co Concello de Redondela comunica a cancelación do clásico torneo de nenos que se disputa na pista da Xunqueira durante o mes de agosto desde o ano 1982. Explican dende o club que "a situación excepcional que estamos a vivir, fainos ter que tomar esta decisión despois de observar que a posibilidade de rebrotes en distintas zonas do noso territorio, segue sendo un feito máis que probable".


As recomendacións por parte da consellería de sanidade e da Federación Galega de Fútbol de non organizar torneos onde poda haber aglomeracións de xente, levou ao club a reafirmarse nunha decisión xa tomada. "Pensamos que ante todo hai que preservar a saúde dos nenos e nenas que participan, así como a dos seus familiares e público en xeral que nos van ver xogar e animar cada partido que disputan" polo que a edición número trinta e oito deste campionato terá que esperar ata o ano 2021 no que estará de volta con máis ilusión e forza ca nunca.


Un torneo que segue así os pasos do seu "irmán maior" o Mundialito en categoría sénior que se celebra no mes de xullo e que tamén fora cancelado.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: