www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 15 de Agosto de 2020

O CD Choco reforza a primeira liña coa chegada do dianteiro guineano Nelson Jaló Ramos
Deporte • 3/07/2020
Autor: M. X. Queimaliños

O xogador chega procedente do AD Limianos, equipo portugués da División Districtal. No equipo xuvenil tamén se incorpora Miguel Román, procedente do Rápido de Bouzas, quen chega a Redondela con gañas de facer un bo curso ligueiro no que será a súa primeira experiencia en División de Honra.


O CD Choco presenta á primeira fichaxe da tempada; Nelson Jaló Ramos, un dianteiro guineano que ven a reforzar a primeira liña do equipo choqueiro. Procedente do AD Limianos, o xoven xogador non era descoñecido para Gonza xa que estivo adestrando a pasada tempada co equipo xuvenil de Alberto Suárez e co equipo Sénior nalgunha ocasión tamén.


O xogador guineano aínda non leva nin dúas semanas en Galicia e xa nos asegura que "estou adaptado á vida en Redondela, vila que me gusta moito". Pero aínda lle queda adaptarse ao vestiario co que compartirá a súa primeira experiencia na Terceira galega, pero é optimista e non dubida en "facerme pronto un oco no equipo" .


Incorporación no equipo xuvenil


Miguel Román, procedente do Rápido de Bouzas, chega a Redondela na súa primeira experiencia en División de Honra.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: