www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 20 de Setembro de 2020

Redondela reabre gradualmente os parques infantís
Institucional • 25/06/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Os primeiros en abrir son os parques da Alameda e do Salgueiral en Redondela;  o de Arealonga e Alameda en Chapela, así como os da praia de Cesantes e o do Centro Cultural de Reboreda.As áreas infantís estarán dotadas con dispensadores de hidroxel e  serán desinfectadas diariamente antes da súa apertura. Contarán con paneis indicadores sobre como utilizar as instalacións da forma máis segura.


Os principais parques e, polo tanto, aos que acoden un maior número de nenos e nenas, contan con fontes de hidroxel e, todas as áreas, terán carteis indicadores das recomendacións para un uso seguro do parque. Todas estas áreas de xogo serán desinfectadas en profundidade, diariamente, antes da apertura das mesmas.


En vindeiras datas, e sempre dependendo da evolución da pandemia e das directrices das autoridades sanitarias, procederase a apertura de novas áreas de recreo infantil. "Non se pode esquecer -salientan a alcaldesa Digna Rivas e a concelleira de Parques e Xardíns, Marta Alonso- que estamos a falar dun total de 54 parques, entre biosaudables e infantís, que teñen que ser desinfectados diariamente antes do seu uso, o que supón un enorme esforzo, tanto de persoal coma económico".


Rivas e Alonso fan un chamamento "á responsabilidade da cidadanía para seguir avanzando nesta nova normalidade" ao tempo que lamentan  a actitude da Xunta de Galicia que "unha vez máis e como ven sendo habitual dende que se decretou o estado de alarma, adopta decisións, de xeito unilateral deixando que os concellos afronten, como poidan, as consecuencias desas resolucións".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: